- Consolidación da reforma do sector e desenvolvemento do novo modelo ferroviario
- Promoción dunha “función central” do ferrocarril nos corredores máis importantes
- Achega á accesibilidade do conxunto do territorio
- Establecemento dunha rede de altas prestacións, deseñada sobre todo para tráfico mixto
- Redución do tempo total da viaxe no transporte ferroviario interurbano
- Aumento da participación do ferrocarril no transporte de carga en media e longa distancia
- Definición dunha rede ferroviaria de mercadorías
- Definición dunha estratexia para o cambio de largo na rede convencional
- Matemento do nivel de seguridade do transporte ferroviario
- Definición dun sistema de mantemento integral e preventivo da rede ferroviaria
- Establecemento de plans de conservación e modernización da rede ferroviaria convencional
- Definición das grandes actuacións no medio urbano para mellorar a inserción do ferrocarril
- Completaranse as redes de proximidades e modernizarase o seu material móbil. No aspecto institucional, promoverase unha maior participación na súa xestión das CC.AA. e Autoridades de Transporte
- Definición dun novo marco para o desenvolvemento dos servizos ferroviarios de ámbito rexional
- Establecemento de horizontes temporais intermedios para o desenvolvemento do Plan, mediante a elaboración de plans sectoriais ferroviarios
- Posta en valor do patrimonio público das liñas pechadas en desuso
Para ampliar a información, pódense consultar as Directrices Específicas para o Desenvolvemento das Políticas Sectoriais do PEIT no apartado 5.2.2
